CRTVG

Buscar

No Miño continúa a busca do pescador desaparecido o sábado pola tarde

Publicado o 13/02/2018 14:30

Onde aínda continúa a busca é no río Miño, á procura do pescador portugués que desapareceu o sábado á tarde cando ía á lamprea. Buscan nel nas dúas beiras do río. 

Na terceira xornada de busca do pescador portugués desaparecido amplíase o radio de rastrexo no río. Tres embarcacións da Comandancia Naval que dirixe o operativo percorren o río á altura do concello das Neves ata Tui. O tempo impediu que os mergulladores puidesen incorporarse ao dispositivo.

A Axencia Galega de Emerxencias activou o protocolo de colaboración transfronteiriza e a busca realízase a ambos os dous lados do Miño. Tamén participan no operativo axentes da Garda Civil que realizan o rastrexo por terra e Protección Civil.

O pescador desapareceu o sábado pasado cando ía recoller lamprea a unhas pesqueiras. Tan só apareceu o seu coche estacionado e o seu teléfono móbil está apagado. Polo momento a busca non deu resultados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018