CRTVG

Buscar

O Día Nacional do Doante recorda a importancia dese xesto solidario

Publicado o 03/06/2020 14:45

Os galegos somos solidarios e un dos datos que o reflicten é o das doazóns de órganos: o ano pasado rexistráronse 136 doantes e realizáronse 354 transplantes. Unha marca de calidade que poñen en valor as autoridades sanitarias neste Día Nacional do Doante.

A Manuel transplantáronlle un ril hai 25 días, despois de 3 anos pegado a unha máquina de diálise. Séntese afortunado porque outros pacientes da lista de espera se negaran a acudir ao hospital por medo ao coronavirus.

O milagre para Manuel foi posible grazas á xenerosidade dun doante ou da familia, como a de Montserrat. Doaron os órganos dunha tía política que faleceu nun accidente e foi a propia irmá da finada a que tomou a decisión sen dubidar.

Desde a Axencia de Doazón lembran a importancia de manifestarlles aos familiares e achegados a nosa intención de ser doantes para que respecten esa decisión chegado o momento.

Noticias web

03/06/2020