CRTVG

Buscar

No Día Mundial da Voz, os logopedistas advirten dos problemas do abuso da fala

Publicado o 16/04/2018 21:42

Vostede pode ser unha das persoas que teñan un problema na voz. O 5% da poboación padece unha patoloxía na fala e no Día Mundial da Voz, os logopedistas insisten na aplicación de hábitos saudables para evitar atrancos, sobre todo, os profesionais que utilizamos a voz como ferramenta de traballo.

Dende as seis da mañá, a voz do xornalista Kiko Novoa é primordial para poder comunicarse cos oíntes da Radio Galega. El mesmo recoñece que non lle outorgamos a atención precisa á nosa principal ferramenta de traballo.

Por iso, os hábitos saudables son básicos para previr. Hidratación, exercicio, evitar dixestións molestas e, por suposto, escapar do tabaco e do alcol. E unha visita ao foniatra tampouco está de máis. Coidados aplicables a locutores, docentes e cantantes. E a todas as persoas, sen excepción, porque ninguén esta libre dun pólipo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018