CRTVG

Buscar

O preservativo: o mellor xeito de evitar o contaxio da SIDA

Publicado o 01/12/2019 14:43

DIA DA SIDA

A casa de acolidada do Comité Cidadán Antisida de Ourense foi pioneira nos anos 90 na atención ás persoas con VIH. Con oito prazas levan 25 anos apoiando ás pesoas afectadas.

Medicamente a situación mellorou moito, din, hoxe a Sida pode considerarse unha enfermidade crónica. Pero alertan de que non se pode baixar a garda porque segue habendo novos casos, 2.800 en Galicia desde 2004, segundo o SERGAS. A maioría por tansmisión sexual, en relacións homosexuais, pero tamén heterosexuais. Inciden sobre todo, na prevención.

Outra das loitas é rachar contra o estigma que seguen a padecer. En Ourense o Comité Cidadán Antisida lémbrao cun manifesto diante da estatua de Blanco Amor.

O dato positivo é que nos últimos cinco anos a incidencia baixou en Galicia un 40%. Hai 4.200 casos rexistrados desde o ano 1984, e a idade media nos novos casos é de 38 anos. Os profesionais da saúde estiman que hai un 20% de persoas que descoñecen estar infectadas.

Noticias web

01/12/2019