CRTVG

Buscar

No concello das Neves fan unha plantación solidaria para recuperar o monte

Publicado o 28/01/2018 21:18

Logo de vivir e de afrontar as duras consecuencias que deixou a vaga de lumes do pasado mes de outubro, no concello das Neves queren pasar páxinar e revertir a situación. Con este motivo nace "Repensar o Monte" un conxunto de actividades encamiñadas a recuperar ambiental e emocionalmente o territorio. Hoxe, coa colaboración da Asociacion Galega de Auto Caravanas, comezaron a sementar vida.

Coa casa as costas e sempre defensores da natureza e do medioambiente quixeron axudar dende o primeiro momento. Por fin ese desexo fíxose realidade.

Plantar xuntos converteuse nas Neves nunha terapia emocional. Nestas árbores quedaron corazóns e nomes como o de Amelia coa mensaxe e a esperanza de que outro monte é posible.

Con esta filosofía nas Neves preparan actividades para as futuras xeracións porque o monte tamén nacerá na escola.

Ademais o concello das Naves pediu a administración autonómica colaboración urxente para poder afrontar o problema medioambiental e de saude que está a ocasionar o amianto que desprende a uralita das construcións calcinadas nos incendios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2018