O sector téxtil prevé unha suba de prezos do 20 % nos seus produtos
No Clúster Galego do Téxtil e da Moda auguran que a campaña actual vai dar ao seu remate unha suba de prezos arredor do vinte por cento. É e previsión que deu o secretario xeral do clúster en declaracións á Televisión de Galicia.
Sucede isto nunha situación de alta demanda cunha produción que non está ao mesmo nivel por varios factores, e cun encarecemento dos custos en distintos tramos do proceso de elaboración e comercial. Segundo dixo, agardan que nos períodos de ofertas e rebaixas inmediatos os descontos sexan menores.
Alberto Rocha, secretario xeral do Clúster Galego do Téxtil Moda, di que "vai a haber aumento de prezos e, sobre todo, vai haber menos rebaixas, menos descontos. É previsible que nos momentos que veñen agora de ofertas habituais sexan máis contidas, se fagan menos ofertas. O prezo de venda e as marxes de ganancia calcúlanse sempre ao final da tempada. Nós calculamos que pode chegar a un 20 %, pero é unha cifra puramente estimativa".