CRTVG

Buscar

No CHUAC contarán cun test múltiple que distinguirá entre o virus do coronavirus e o da gripe

Publicado o 03/09/2020 14:19

Calcúlase que entre un 10 e un 15% da poboacion inféctase cada ano co virus da gripe. Nunhas semanas comezarán as campañas de vacinación, pero este ano o escenario complícase. Haberá que distinguir entre os tipos de virus respiratorios: o do coronavirus e o da gripe. Por iso nesta tempada, os servizos de microbiloxía dos hospitais, como o do Centro Hospitalario Universitario da Coruña, prepáranse con novas ferramentas.

Ademais, para gañar tempo no manexo dos pacientes sintomáticos, con este tipo de PCR múltiple o diagnóstico será moito máis preciso.

As mostras que se tomarán aos pacientes serán as mesmas, mais o procesamento no laboratorio será distinto. Os resultados desta PCR múltiple son máis rápidos, entre 30 e 45 minutos. No CHUAC aseguran que o novo test comezará a aplicarse en breve. Mentres, continúan aumentando a súa capacidade diagnóstica.

Noticias web

03/09/2020