CRTVG

Buscar

No Centro de Desenvolvemto Rural O Viso recuperan sementes autóctonas da Limia

Publicado o 26/08/2019 20:07

No Centro de Desenvolvemto Rural O Viso, de Lodoselo, están desenvolver un proxecto de recuperación das sementes autóctonas da Limia. Dous agricultores recolleron sementes entre os veciños de millo, verzas ou garabullos, e cultívanas con técnicas tradicionais.

Son algunhas das sementes autóctonas da Limia que Eloy e Pilar foron recollendo entre os veciños da zona e agora encárganse de cultivalas e recolleitalas na horta do Centro de Desenvolvemento Rural do Viso, situado en Lodoselo, no concello ourensán de Sarreaus.

O proxecto financiado polo Ministerio de Agricultura ten, ademais, unha función social, porque as sementes e a horta serven de espazo de convivencia e interrrelación entre os maiores do comedor comunitario e os nenos que visitan o centro do Viso. E aquí manteñen os cultivos e o xeito de traballar a terra da agricultura tracional limiá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/08/2019