CRTVG

Buscar

No Celta Kevin Vázquez está listo pero Denis segue facendo traballo individual

Publicado o 05/03/2020 16:15

• O Celta xoga o sábado ante o Xetafe que está en postos de Liga de Campións

No adestramento desta mañá do Celta vimos sorrisos entre Kevin Vázquez e Iago Aspas.

Compréndese a ledicia do defensa que xa traballa ao mesmo ritmo que o resto de compañeiros e poderá estar para xogar co Xetafe.

Máis dubidosa é a presenza de Denis Suárez, que hoxe fixo de novo traballo individual.

 

 

Noticias web

05/03/2020