CRTVG

Buscar

No Celta abren un período de reflexión logo de encadear tres derrotas seguidas

Publicado o 10/01/2021 15:14

Entre o asubío final de Balaídos e o asubío inicial do mércores 20 en Sevilla para medirse ao Betis o Celta de Eduardo Coudet abre un periodo de reflexión na peor semana desde a chegada do arxentino ao banco. Os xogadores recoñecen que a pasada semana non se adestraron ben. Porque no último partido non se pode agasallar o Vilarreal con 20 minutos de incomparecencia... Non todo foi mérito dos de Unai Émery.

O que vén é o Betis, un equipo que está a tres puntos dos vigueses. Unha boa ocasión para reivindicarse desde a humildade. E tanto que queda, hai pouco máis dun mes o Celta era o cabeiro. En dez días outra oportunidade para demostar que o equipo pode sobrevivir sen Aspas. Será o derradeiro partido da primeira volta.

Noticias web

10/01/2021