CRTVG

Buscar

No Carballiño as rúas estiveron case baleiras este domingo polas restricións impostas

Publicado o 18/10/2020 19:49

Controis para entrar e sair do concello por estrada, algún negocio pechado e outros ao mínimo; as rúas, case baleiras. No Carballiño, unha vila de catorce mil habitantes, as restriccións deixan unha estampa cando menos chamativa.

Ás restriccións de mobilidade súmanse as de ocupación e a prohibición de xuntarse cos non convivintes. Os últimos datos falan de que aquí hai 178 casos activos, 234 en total en toda a comarca. O Carballiño, Ourense, Barbadás, Verín e O Barco están en vermello no mapa de incidencia do coronavirus.

Os 1557 casos activos que hai na área sanitaria de Ourense representan o 32 por cento dos que hai en Galicia. Houbo aquí nas últimas 24 horas 78 novos contaxios, case 20 menos que na xornada anterior, e a cidade de Ourense baixa por vez primeira en moitos días dos 500 casos activos. Aumenta iso sí, o número de persoas hospitalizadas: son 111, e 13 delas precisan coidados intensivos.

Noticias web

18/10/2020