CRTVG

Buscar

No ano da pandemia, caen as vendas de lotaría de Nadal

Publicado o 21/10/2020 21:00

María Josefa amosa os décimos da lotaría de Nadal que acumula na súa administración. Asegura que as vendas non van ao ritmo do ano pasado.

Segundo cifras do propio sector, as vendas baixaron un 30% entre xullo e outubro en relación a 2019. A venda en liña é una opción para paliar a caída.

Para os loteiros e loteiras, a campaña de Nadal deste ano é toda unha incógnita porque incluso non teñen a certeza de vender as reservas que xa teñen solicitadas.

O que non mudou son os tópicos do sorteo de Nadal. Un deles: a escaseza de certas terminacións. Aquí xa non lles queda ningún número rematado en 20.

Noticias web

21/10/2020