CRTVG

Buscar

No acuario do Grove, este verán, poderase nadar cos tiburóns

Publicado o 11/05/2019 21:34

A primeira en mergullarse conta: "Vou a facer un bautizo, unha inmersión no tanque dos tiburóns... De momento sei pouca cousa, aínda teño que indagar máis, que me expliquen ben, pero si, parece fácil".

Mergullarse con quenllas xa é posible no Grove. Neste acuario pretenden achegar aínda máis o respecto polo medio mariño aos visitantes, que teñan máis motivos para querer coñecer a variedade de fauna que vive nel, e, tamén, que se lles perda o medo aos tiburóns, aínda que mesmo tropecen con eles.

O instrutor de mergullo do Acuario do Grove, Ángel Romero, explica que pretenden "ensinar a xente a coidar e tratar ben os animais do mar. Esta é unha actividade nova que non se realiza en ningún acuario de aquí da zona. O proceso... A primeira inmersión facémola nun tanque con poucos peixes, na cal se lles ensina a respirar, como funciona o equipo, a que se tranquilicen baixo a auga. E despois dos primeiros minutos de estar nese tanque, xa é cando pasamos ao tanque dos tiburóns. O normal é que cando fas calquera tipo de bautizo no mar non poidas encontrar estes animais ao teu redor. Entón por iso aquí é esa sensación que moitas veces nas praias non podemos...".

A primeira visitante en mergullarse conta que foi unha experiencia "única, única, a verdade é que hai que vivila. Non o imaxinaba así e é impresionante. O detalle... Ves os ollos, a cariña, dan ganas de tocalos, non podes iso si, pero é unha pasada!".

Tan só realizarán dúas inmersións ao día e terá un prezo de 250 euros para submarinistas non profesionais. Os requisitos son ser maior de dezaseis anos e cumplimentar un exame médico. Logo dun primeiro bautismo e ataviados con aletas e tanques de osíxeno, os mergulladores pasarán a gozar coma os peixes na auga, acompañados por quenllas, chernas, melgachos e cazóns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019