CRTVG

Buscar

Ningún paciente de covid nas UCI de Galicia, que fai unha semana sen falecidos

Publicado o 10/06/2020 11:37

• Só hai dez pacientes hospitalizados dos 476 casos activos

• Máis de 10.300 persoas superaron a enfermidade na comunidade

Ningún paciente de covid nas UCI de Galicia, que fai unha semana sen falecidos

Despois de tres meses de pandemia, as UCI dos hospitais galegos non teñen, a día de hoxe, ningún paciente de coronavirus ingresado, tras dar negativo nas probas o único doente que permanece en coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O número de casos activos baixa dos 500 e sitúase en 476. A cifra de mortos mantense en 618.

A distribución por áreas sanitarias é a seguinte:

• Vigo: 189 (-3).

• A Coruña: 101 (-11).

• Santiago: 97 (-8).

• Ourense: 34 (-3).

• Lugo: 31 (=).

• Ferrol: 13 (=).

• Pontevedra: 11 (-2).

Do total de pacientes positivos, 10 están en unidades de hospitalización e 466 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.338 persoas curadas.

O número de PCR realizadas é de 153.606.