CRTVG

Buscar

Pontevedra, primeira área sanitaria galega sen pacientes con coronavirus na UCI

Publicado o 04/05/2020 13:04

Pontevedra é a primeira área sanitaria de Galicia que non ten pacientes con coronavirus na UCI.  Segundo informa o Sergas, nesta área sanitaria, hai 182 casos activos, pero deses 182 só 7 están hospitalizados pero en planta, ningún en estado crítico. Deses sete pacientes, cinco están ingresados no Montecelo, un no hospital do Salnés e outro máis no Quirón Domínguez.

Desde o inicio da pandemia nesta áreas sanitaria recuperáronse do coronavirus 591 persoas.  A área sanitaria de Pontevedra está integrada por tres hospitais públicos, o Montecelo, o Provincial, o Salnés, e máis un privado, o Quirón Domínguez.

A presión sobre as UCI tamén vai baixando nas áreas sanitarias que atender maior poboación. Na de Coruña-Cee hai sete pacientes en unidades de coidados intensivos, na de Santiago-Barbanza hai 9 e na área sanitaria de Vigo hai outros nove pacienttes con coronavirus na UCI.