CRTVG

Buscar

O coronavirus deixa 614 falecidos en Galicia e continúan descendendo os casos activos

Publicado o 24/05/2020 15:57

Nas últimas horas faleceu un home que fora diagnosticado por coronavirus, de 86 anos, ingresado no Hospital de Ourense e con patoloxías previas. A cifra total de mortos en Galicia queda en 614 persoas.

Galicia rexistra un total de 869 casos activos da COVID-19, 15 menos dos que se contabilizaron o sábado. Así, 215 corresponden á área sanitaria da Coruña, 58 á de Lugo, 124 en Ourense, 37 en Pontevedra, 261 da de Vigo, 147 da de Santiago e 27 da de Ferrol. Do total de positivos, 12 permanecen na UCI, un máis que na xornada anterior, 61 en unidades de hospitalización e 796 con seguimento domiciliario.

Xa recibiron a alta 9.716 persoas, e o número de falecidos é de 614. Dos mortos 132 corresponden a residencias de maiores e 139 a hospitais ou residencias integradas. O número de probas PCR é de 134.690.