CRTVG

Buscar

Ningún dos cinco equipos da Segunda B logrou gañar

Publicado o 10/09/2018 09:56

Xornada para esquecer na Segunda B. Ningún dos nosos representantes logrou gañar. Sorpresa en Vigo. O Celta B, que contaba os seus partidos por triunfos caeu ante o Sansepor dous goles a cero.
O primeiro gol do encontro marcouno Castel no minuto 43 logo dun rexeitamento de Iván Villar a tiro de Fran Pastor. No 46, Carlitos marca o segundo para os visitantes e, malia os achegamentos dos xogadores de Rubén Albés, xa non habería variacións no marcador final.

O Rápido de Bouzas buscaba o seu primeiro triunfo en Pucela ante o filial valisoletano, que tampouco coñecía a vitoria, aguantaron os de Xurxo Otero ata o minuto 86, cando Quique marcaba o gol do triunfo para o Valladolid B.

Na súa visita ao Ángel Nieto de Boadilla, o Coruxo quería seguir medrando ante o acabado de ascender, o Internacional de Madrid e fixo táboas. O primeiro gol do partido marcouno Rubén Ramos de tiro cruzado que non pode desviar Alberto. Empatou Pablo Crespo para o Coruxo no muinuto 67 tras un soberbio lanzamentode falta de Samanes. Puntuan os de Montes.

No Fernando Torres de Fuenlabrada caeu o Fabril de Tito Ramallo, despois dun partido de ida e volta os coruñeses apañaron o gol no minuto 88. Marcouno Cedric dunha cabezada desde o balcón da área pequena tras centro desde a dereita. Os tres puntos quedan en Fuelabrada.

No partido adiantado ao sábado, o Pontevedra logrou un merecido punto en Navalcarnero. Os madrileños colleron vantaxe nun saque de esquina rematado por Jesús, pero os de Luismi reaccionaron con clase e determinación para empatar o partido. Xogada de banda a banda que mellora cun centro de Alex González rematado por Arruabarrena. Catro puntos en dúas xornadas para os granates.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018