CRTVG

Buscar

Ninguén apoia a pretensión de Vox de ilegalizar os independentistas

Publicado o 15/09/2020 20:34

Todos os grupos parlamentarios únense para rexeitar a proposta de VOX de ilegalizar aos partidos independentistas. O voceiro da formación de ultradereita, Iván Espinosa de los Monteros, dixo no Congreso que o nacionalismo é incompatible coa democracia e propuxo prohibir os partidos contrarios á unidade de España. O resto das formacións defenderon que non se poden ilegalizar as ideas e acusaron a VOX de ir en contra o espírito da Constitución e de pretender ilegalizar as ideas de millóns de españois.

Noticias web

15/09/2020