CRTVG

Buscar

Nin o Porto nin o Concello asumen o arranxo da pasarela do Marisquiño

Publicado o 15/05/2019 18:11

Os que coñecían o estado do embarcadoiro que se afundiu no festival do Marisquiño pasado din que xa se vía vir o novo derrubamento acontecido nas últimas horas. O momento en que se derrubaba unha das partes da estrutura do paseo de madeira das Avenidas, o que se mantiña en pé tras o accidente do Marisquiño, foi captado polas cámaras dos móbiles de varias persoas que pasaban polo lugar.

Trátase dunha zona que permanece valada dende o accidente o pasado mes de agosto. Dende entón, o deterioro e o abandono é evidente. Así nolo dixeron os veciños da zona.

O lugar é todo un reclamo turístico para as persoas que visitan a cidade. Cren que o valado non é a solución, tendo en conta que agora neste contorno do paseo das Avenidas se van celebrar dous festivais, o Sea Fest e o Marisquiño.

A preocupación é evidente entre veciños e mesmo hostaleiros. De momento, nin a Autoridade Portuaria nin o Concello queren facerse cargo do seu arranxo.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019