Nigrán e O Porriño, sen contaxios de coronavirus nos últimos catorce días
Publicado o 20/06/2021 14:56
Ledicia contida neste concello do Porriño, un municipio con máis de 20.000 habitantes e con cero casos activos dende hai varias semanas.
Similar situación no concello de Nigrán. Por primeira vez neste ano e medio de pandemia teñen cero casos activos.
Ambos os municipios celebran esta situación, pero con contención, prudencia e sen euforias. Falamos de dous concellos grandes dentro da comarca de Vigo e cunha ampla mobilidade cos municipios da contorna.
Por iso, dende ambos os consistorios piden prudencia e sentidiño para seguiren así ante a nova normalidade que traerá consigo a non obrigatoriedade da máscara en espazos abertos.