Nigrán acolle un musical en homenaxe ás verbenas galegas
Publicado o 13/08/2020 14:11
En Nigrán ultímanse os preparativos para que esta noite só a verbena galega sexa a protagonista. Coa orquestra La Oca band como mestra de cerimonias, por este escenario pasarán artistas das mellores formacións do país.
No público, representantes de comisións de festas e entidades culturais, nunha homenaxe ao seu traballo en prol das verbenas, truncado este ano polo coronavirus.
O musical terá capacidade limitada e invitacións numeradas para cumprir cos protocolos sanitarios. Con todo, alí estarán as cámaras de TVG para gravar un espectáculo que se emitirá ao longo do verán.