CRTVG

Buscar

Nigrán acolle esta fin de semana o I Campionato galego de surf adaptado

Publicado o 22/09/2021 21:25

Din que o surf lles permite superarse, afrontar novos retos e facer fronte aos medos. Desta vez son os alumnos da fundación Igualarte de Vigo os que soben ás táboas. Nos próximos días participarán nestas clases de surf os alumnos doutros centros da comarca. Son parte das actividades previas ao campionato de surf adaptado que se celebra esta fin de semana en Nigrán. É a primeira edición do campionato galego de surf adptado, un deporte que cada vez conta con máis afeccionados.

Na presentación dos campionatos de surf adaptado en Nigrán, a conselleira de Política Social agradeceu o traballo constante de todas as asociacións que traballan coas persoas con discapacidade. Fabiola García destacou que esta será unha fin de semana de integración social e garantiu o compromiso da Xunta con estes proxectos.

Noticias web

22/09/2021