CRTVG

Buscar

Íñigo Urkullu toma posesión por terceira vez como Lehendakari

Publicado o 05/09/2020 14:25

 Urkullu Lehendakari "Tomo posesión e asumo o cargo de lehendakari do goberno vasco e da condición de representante ordinario do Estado no seu territorio que cumprirei con lealdade á coroa e respecto á constitución, ao estatuto de Guernica e demais leis vixentes"


Íñigo Urkullu tomou posesión do seu cargo como lehendkari por terceira vez nunha sesión extraordinaria do parlamento vasco celebrada na casa de xuntas de Guernica. Foi unha cerimonia distinta das dúas anteriores. A pandemia obrigou a reducir o número de convidados, de 300 a só 30 persoas. Entre os asistentes, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, un exlehendakari, o socialista Patxi López, e a presidenta navarra, a socialista María Chivite. Urkullu, igual ca nas dúas ocasións anteriores, xurou o seu cargo baixo a árbore de Guernica, e só en euskera, coa fórmula que xa utilizou en 1936 o lehendakari José Antonio Aguirre. Tras o himno de Euskadi, o tradicional aurresku, unha danza de benvida exectuda sempre por un varón pero á que se están incorporando tamén as mulleres.

Tras este acto comeza o terceiro mandato de Iñigo Urkullu, que conta con maioría absoluta, por primeira vez en 22 anos, grazas ao pacto PNV-PSE. E por primeira vez Urkullu contará con dúas vicepresidencias. Unha para os socilistas, que ocupará a conselleira de Emprego Idoia Mendía, e outra para o PNV. Outra das novidades será a entrada no goberno do senador Jokin Bildarratz como conselleiro de Educación.

 

Noticias web

05/09/2020