CRTVG

Buscar

Íñigo Fernández de Mesa: "A cuarta revolución industrial está causando un cambio na forma de traballar"

Publicado o 04/10/2019 11:15
Íñigo Fernández de Mesa: "A cuarta revolución industrial está causando un cambio na forma de traballar"

Íñigo Fernández de Mesa, vicepresidente da CEOE, participa neste foro da Toxa desde unha perspectiva económica: "Un dos temas que se vai discutir é o impacto das novas tecnoloxías na economía e a súa sostibilidade", asegurou.

Os tempos actuais son de cambio, asegura Fernández de Mesa: "A cuarta revolución industrial é a da intelixencia artificial, da dixitalización, que xera enerxías limpas, que está causando un cambio completo na forma de traballar en todos os sectores".

E para afrontar estes cambios hai que estar preparados, e non todos os sectores o están, segundo asegura: "Isto vai por barrios. A grande empresa está preparada. Cando un vai a un nivel máis pequeno, o da pequena e mediana empresa, aínda queda por facer".

Sobre o foro destaca que se saque o debate da centralidade: "Eu creo que é importante que se faga noutros sitios, non só Madrid ou Barcelona, e este foro foi capaz de atraer persoas moi importantes". E, como non, tamén pon o o ollo no cara a cara entre González e Rajoy que se vai celebrar este venres: "Creo que é moi positivo ver dous ex-presidentes, de dous partidos distintos, intercambiar opinións".

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí