Nicolás Maduro sacará adiante unha nova lei que lle outorga na práctica poderes ilimitados
Publicado o 09/10/2020 10:29

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, sacará adiante unha nova lei que lle outorga na práctica poderes ilimitados.
A lei, denominada "antibloqueo", pretende, segundo as súas palabras, facerlles fronte ás sancions estadounidenses e reactivar a economía pola vía de urxencia.
A oposición cre que Maduro quere concentrar todo o poder nel para actuar sobre os recursos naturais do país e para anular outras lei que lle son máis incómodas.
Máis sobre Política
18/01/2021 17:08
18/01/2021 16:50