CRTVG

Buscar

Maduro non lle fará caso ao Grupo de Lima en non asumir a presidencia de Venezuela

Publicado o 05/01/2019 14:35

Nas xornadas previas á nova toma de posesión de Nicolás Maduro, a situación de Venezuela suscitou a intervención dos países reunidos no Grupo de Lima. Sen México, pero con trece países asinándoa, o Grupo deu a coñecer unha declaraciópn na que instan a Maduro a non tomar posesión para un segundo mandato na data prevista do xoves vindeiro. Pídenlle que, no canto diso, lle transfira o poder á Asemblea Nacional, onde ten maioría a oposición. O Goberno respondeu acusando o Grupo de alentar o golpe de Estado, e dixo que Maduro si tomará posesión.

Noticias web

05/01/2019