CRTVG

Buscar

Nico Rodríguez, subcampión de Europa en 470

Publicado o 15/05/2019 18:33

E apunten outro éxito para a vela galega. O vigués Nico Rodríguez acaba de proclamarse subcampión de Europa en 470. Aí o teñen, con camisola vermella, xunto a Jordi Xammar, no segundo caixón do podio en San Remo.

Nico Rodríguez e o barcelonés Xammar acadaron o segundo posto neste Europeo de 470 celebrado en augas de Santo Stefano in Mare, en Italia.

Mentres, en Inglaterra, Iago López Marra tamén anda na procura do Europeo na clase fortyniner. De momento, o de Porto do Son, xunto con Diego Botín, pelexa pola primeira praza.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019