CRTVG

Buscar

Nico Rodríguez: "O meu soño de ir a uns Xogos Olímpicos evolucionou. Agora quero gañalos"

Publicado o 11/09/2019 18:21

Acaba de probar o campo de regatas de Toquio e non lle foi nada mal. Nico Rodríguez volveu cunha prata Mundial e coa ambición de traer a medalla olímpica o ano que vén.

Nico Rodríguez: "O meu soño de ir a uns Xogos Olímpicos evolucionou. Agora quero gañalos".

Nico Rodriguez forma equipo con Jordi Xammar nun barco 470, unha categoría con tradición española. Pero as súas referenzas son os campións olímpicos galegos: Támara Echegoyen e Sofía Toro en Londres e Fernando Echábarri e Antón Paz en Pequín.

En Toquio, o gran rival é Australia, que lles quitou o ouro no Mundial. A vela española non subiu aos podios no Río. Pode ser que un galego e un catalán actualicen o medalleiro o ano que vén.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019