CRTVG

Buscar

Nicholas Peppas e Bernard Feringa, novos honoris causa da Universidade de Santiago

Publicado o 08/05/2019 16:50

A Universidade de Santiago investiu hoxe doutores honoris causa a Nicholas Peppas e Bernard Feringa, dous líderes na investigación de sistemas biolóxicos que están revolucionando a medicina.

Feringa recibiu o Premio Nobel de Química en 2016 polo deseño das "máquinas moleculares", un grande avance para a nanotectoloxía. Unha das súas aplicacións son os "fármacos intelixentes", que actúan de maneira selectiva coas células enfermas.

Neste campo traballa tamén Nicholas Peppas. As súas investigacións lograron establecer modelos que permiten calcular e controlar a nivel molecular a dosificación dun fármaco para obter o máximo beneficio.

Noticias web

08/05/2019