CRTVG

Buscar

"Vou pór hoxe a segunda, e agora a seguir": Ángeles, 72 anos e supervivente da covid

Publicado o 19/05/2021 14:34

"Eu vou pór hoxe a segunda, e ata quí chegamos, e agora a seguir", di Ángeles Puga antes de entrar á vacinación. Así de contenta chegaba á súa cita coa segunda dose da vacina despois de superar a covid hai agora case un ano. O camiño non foi doado, segue con secuelas, pero pode contalo.

"Todo é menor co que pasamos e iso podo dicilo, eu estiven ingresada moi grave entón iso cámbiache a vida, cando pasas na UCI corenta e tantos días e estás en coma inducido, a vida cámbiache. Ángeles non é a mesma Ángeles que era, ten moitas limitacións que antes non tiña", asegura.

O camiño non foi doado, segue con secuelas, pero pode contalo. E chegou ata inmunización completa. Ángeles volveu camiñar e agora conta que xa plantou os tomates e os pementos na súa horta de Paderne de Allariz, todo un exemplo de forza e superación.

Noticias web

19/05/2021