CRTVG

Buscar

Ángeles García: "Traballando cun acosador é moi complicado que a persoa denuncie"

Publicado o 10/08/2018 10:05

No que levamos de 2018, 24 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas en España. Pero a violencia contra as mulleres adopta moitas outras formas, como o acoso sexual ou as violacións: 4 ao día segundo reflicten datos oficiais. E se falamos do ámbito laboral, hai un dato do Instituto da Muller que reflectía que case o 15 % das mulleres, sufriu algunha situación de acoso no traballo.

Para intentar poñerlle freo e, sobre todo, concienciar a sociedade en xeral na necesidade de denunciar e implicarse na loita contra calquera manifestación de violencia contra a muller, a Xunta puxo en marcha unha campaña en que implicou 40 colexios profesionais de Galicia. Unha das impulsoras desa iniciativa está hoxe connosco, é Ángeles García, presidenta da Asociación Galega de Auditores Socio-Laborais:

"Levamos un ano complicado porque aumentaron moito as vítimas de violencia de xénero, pero tamén positivo porque hai maior concienciación".

"Traballamos na contorna da prevención e queremos sensibilizar e previr formando e informando tanto as persoas traballadoras como os empresarios das microorganizacións".

"Non temos datos concretos sobre cantas denuncias hai por acoso laboral, só temos enquisas".

"A vítima sente culpa, sente medo a perder un traballo, a que a estigmaticen, medo a que o entorno familiar a marque, precisa ter un traballo. Traballando cun acosador é moi complicado que a persoa denuncie, soe facelo despois, pero aí xa perdeu o seu posto de traballo".

"Un feito puntual, un piropo, un asubío... non se valora como algo tan grave para que poida ocasionar dano para a dignidade ou saúde da persoa, para que sexa acoso ten que ter continuidade".

"Con esta campaña queremos dar unha ferramenta de cumprimento normativo a todas as organizacións que pertencen á unión profesional e ter unha canle de denuncia".

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018