CRTVG

Buscar

Ángel Víctor Torres, novo presidente das Canarias

Publicado o 12/07/2019 14:55

Ángel Víctor Torres, novo presidente das Canarias

O socialista Ángel Víctor Torres é elixido presidente das Canarias polo pleno do Parlamento autonómico tras dúas xornadas de debate de investidura. Deste xeito pon fin a 26 anos de goberno de Coalición Canaria. Para isto precisou o apoio doutras tres formacións políticas: Nueva Canarias, Podemos e Agrupación Socialista Gomera, cos que sumou 37 votos grazas ao chamado Pacto das Flores. Votaron na súa contra o Partido Popular, Ciudadanos e Coalición Canaria.
 

Noticias web

12/07/2019