CRTVG

Buscar

Ángel Rodríguez, dir. do CAFI: "Fixemos un plan de choque inmediato de cursos básicos de iniciación ao uso de aulas virtuais"

Publicado o 28/05/2020 10:30

No ensino, traballo intenso pensando xa no curso que vén. Non se sabe a fórmula, pero as comunidades deben rematar en xuño cun plan que permita a formación a distancia en caso dun rebrote. Ese plan pasa por facilitarlle medios ao alumnado pero tamén por formar o profesorado.

Falamos con Ángel Rodríguez, director do Centro Autonómico de Formación e Innovación, para coñecer como está sendo nestes últimos anos a formación en competencias dixitais.

"Dun día para outro atopámonos con máis de 300.000 alumnos que tiveron que volver ás súas casas. O mesmo lles aconteceu aos docentes (...). Non había simulacros previos desta situación. "Iso supuxo unha carga emocional e de traballo, apunta Ángel Rodríguez.

"De 33.000 profesores que temos no sistema educativo galego, non todo o mundo tiña a competencia necesaria para enfrontarse á esta situación".

Fixeron un plan de choque inmediato, de cursos básicos de iniciación ao uso de aulas virtuais. "Foi unha demanda 'exprés', que se configurou nunha semana", apunta o director do CAFI. "Montamos máis de 500 actividades formativas nos propios centros", engade. E iso supuxo "deseñar as actividades" e contar con "profesores formados para impartir esta formación básica".

Faise no seu centro educativo e cos seus medios, para que sexa "en tempo real e co que eles poidan empregar". Un equipo de docentes expertos traballa agora para configurar unha oferta formativa de cara ao trimestre que vén, pensando nun posible escenario que inclúa formación non presencial.

 

Noticias web

28/05/2020