CRTVG

Buscar

Ángel Garrido substituirá a Cifuentes coma presidente da Comunidade de Madrid

Publicado o 07/05/2018 14:44

O Partido Popular acaba de despexar a incógnita sobre o substituto de Cristina Cifuentes. Ángel Garrido será finalmente o candidato a presidir a Comunidade de Madrid no ano que queda ata as próximas eleccións.

Non houbo sorpresa e será Ángel Garrido, que exerce o cargo en funcións tras a dimisión de Cristina Cifuentes, quen presumiblemente levará as rendas do Executivo autonómico ata as eleccións de 2019.

Mariano Rajoy reuniu esta mañá a cúpula do PP e comunicoulle a decisión, que despois foi trasladada ao Comité Electoral do partido. Este órgano, presidido por Alicia Sánchez-Camacho, aprobou a designación de Ángel Garrido, que nos próximos días terá que ser elixido pola Asemblea de Madrid nunha sesión de investidura. Esta mesma tarde a presidenta da Cámara madrileña comezará a rolda de consultas, e está previsto que Garrido se reúna previamente cos deputados do Grupo Parlamentario Popular.

Ciudadanos anuncia o seu apoio ao candidato

O PP di que a elección de Garrido garante a continuidade 'dun bo proxecto'

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2018