CRTVG

Buscar

Gabilondo renuncia á acta de deputado e dimite o líder dos socialistas madrileños

Publicado o 06/05/2021 19:37

• Ángel Gabilondo, ingresado por unha arritmia cardíaca

 

EFE

Confirmouno o secretario de Organización do PSOE tras a executiva federal para analizar os resultados electorais. Ángel Gabilondo, que este xoves ingresou nun hospital cunha arritmia cardíaca, non estará na vindeira asemblea.

José Luis Ábalos dixo que "Ángel Gabilondo efectivamente manifestou que non ía recoller a súa acta".

Ademais, o secretario xeral do PSOE madrileño, José Manuel Franco, deixa o cargo, que queda agora en mans dunha xestora ata o Congreso rexional a finais de ano. A debacle dos socialistas en Madrid precipita tamén as primarias para elixir candidato á Junta de Andalucía. Susana Díaz non quería pero cede ante a presión dos seus críticos e da propia dirección nacional.

A secretaria xeral do PSOE-Andalucía cre que  "seguir con este debate de primarias xa ou primarias máis tarde o único que estaba conseguindo era erosionar a imaxe do PSOE de Andalucía".

As primarias serán o 13 de xuño. Ela vaise presentar, e o alcalde de Sevilla, a quen moitos ven como favorito da dirección nacional, tamén.

Juan Espadas quere "un gran proxecto municipalista que sexa o proxecto rexional de Andalucía. Nese proxecto vai estar Juan Espadas".

Con este adianto o PSOE quere blindarse ante a eventualidade de que Juan Manuel Moreno opte tamén por un adianto electoral sorpresa.

Esta decisión adóptaa despois de reunirse a Comisión Executiva Federal que está reunida esta tarde para analizar a derrota histórica que o PSOE ha sufrido nas eleccións autonómicas da Comunidad de Madrid.

Gabilondo, hospitalizado

Esta mesma tarde, Ángel Gabilondo tivo que ir ao hospital ao sentirse indisposto despois de recibir a vacina da covid pola mañá. O candidato socialista, de 72 años, sufriu un mareo, pero fontes do partido negan que estea ingresado.