O Casino de Santiago premia a Ángel Gabilondo, Antón Costas, Caetano Díaz e Rui Río
Publicado o 25/06/2021 21:15

O ex ministro de Educación, Ángel Gabilondo; o presidente do Consello Económico e Social, Antón Costas; o xornalista, tamén galego, Caetano Díaz e, na categoría de personalidade singular, o politico portugués Rui Rio.
Estes son os catro galardoados co "II Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor" impulsado polo Casino de Santiago para recoñecer o traballo en favor do diálogo, a concordia e a fraternidade en distintos ámbitos da sociedade.