CRTVG

Buscar

Ángel Cano, ex-conselleiro delegado do BBVA, declarará como investigado no 'caso Villarejo'

Publicado o 03/07/2019 11:59
Ángel Cano, ex-conselleiro delegado do BBVA, declarará como investigado no 'caso Villarejo'

Oito directivos do BBVA declararán mañá e pasado no marco do coñecido como caso Villarejo.  Entre eles está Ángel Cano, que foi conselleiro delegado, e o antigo xefe de seguridade do banco, acusados dos delitos de suborno activo e revelación de segredos. A Fiscalía Anticorrupción pediu a imputación de todos eles pola súa posible relación coa presunta espionaxe que se levou a cabo en 2004. Indágase se lle pagaron a Villarejo para que investigara a varias persoas co obxectivo de sabotear unha operación financeira que lle quitaría o control do BBVA a Francisco González.

 

Noticias web

03/07/2019