CRTVG

Buscar

Neve por riba dos 1.200 metros e desactívanse os avisos na costa

Publicado o 16/11/2019 10:39

Podemos falar xa de que o temporal de neve, mar e chuvia remite. Con todo, este sábado hai aínda previsión de neve por riba dos 1.200 metros. Nalgúns puntos da montaña de Lugo acumulan xa trinta centímetros. As temperturas son moi baixas. Esta noite en Carballeda de Valdeorras xa estiveron a tres baixo cero. E durante o día, ningún punto de Galicia pasará dos 13 graos.
Despois de tres días complicados arestora xa non hai avisos activos na costa. O último, un aviso amarelo no litoral da Coruña e Lugo por ondas, acaba de desactivarse ás nove da mañá. Polo de agora na Coruña, a zona do paseo marítimo segue pechada para os peóns. A prohibición xa non afecta o tráfico.

 

Noticias web

16/11/2019