CRTVG

Buscar

Netanyahu pide a inmunidade para evitar ser xulgado por corrupción

Publicado o 01/01/2020 20:10
Netanyahu pide a inmunidade para evitar ser xulgado por corrupción


O primeiro ministro en funcións de Israel, Benjamín Netanyahu, anunciou hoxe nunha comparecencia televisiva que pedirá ao Parlamento a inmunidade para evitar ser xulgado por tres casos de corrupción. "Teño intención de apelar ao presidente da Knéset (Parlamento) para exercitar o meu dereito e o meu deber de continuar servindo aos cidadáns", sinalou Netanyahu nun esperado discurso en directo. O anuncio prodúcese horas antes de que finalizase o prazo para pedir a protección e é o último recurso que queda a Netanyahu para evitar ser axuizado por suborno, fraude e abuso de confianza en tres casos distintos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020