CRTVG

Buscar

Netanyahu admite que non ten apoios suficientes para formar goberno

Publicado o 21/10/2019 19:25
Netanyahu admite que non ten apoios suficientes para formar goberno
O primeiro ministro israelí en funcións, Benjamín Netanyahu, admitiulle hoxe ao presidente, Reuvén Rivlin, que non é capaz de formar goberno e devolveu o mandato para facelo, informou a oficina da Presidencia.
"O presidente Rivlin recibiu hoxe luns o anuncio do primeiro ministro e deputado Benjamín Netanyahu de que devolve o mandato para formar goberno porque non puido facelo", reza a nota presidencial, que engade que Rivlin encargará formar un novo executivo a Beny Gantz, que encabeza Azul e Blanco e terá un prazo de 28 días para logralo.
Este é o segundo fracaso de Netanyahu para formar goberno, tras o do pasado maio, cuxa falta de apoios o levou a volver convocar eleccións pouco máis de catro meses despois dos anteriores xerais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí