CRTVG

Buscar

Néstor Rego revalidará como secretario xeral da UPG

Publicado o 16/02/2020 13:57

A Unión do Pobo Galego, a forza hexemónica do BNG, celebra hoxe o seu congreso.  Mantén como obxectivo prioritario a loita pola autodeterminación, en defensa da soberanía da nación e dereitos do pobo galego desde unha perspectiva, din, comunista e patriótica. Todo apunta a que revalidará o seu cargo como secretario xeral Nestor Rego, o único deputado do Bloque Nacionalista Galego na Cámara Baixa. Rego cre que o nacionalismo está nestes momentos en Galicia nun mellor momento ca no anterior congreso da UPG.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2020