CRTVG

Buscar

Nestlé doa alimentos ás UCI e hospitais

Publicado o 08/04/2020 16:16

A compañía suíza Nestlé doou a centros sanitarios españois máis de medio millón de produtos de alimentación.

A empresa enviou a unidades de coidadios intensivos, centros de saúde e hospitais de campaña pratos preparados a base de legumes, suplementos nutricionais, barriñas de cereais, auga e café.

Dentro das iniciativas solidarias para loitar contra a pandemia do coronavirus, Nestlé anunciou que vai doar á Cruz Vermella Internacional dez millóns de francos suízos, uns nove millóns e medio de euros.

Noticias web

08/04/2020