CRTVG

Buscar

Nesta ponte do Pilar son tamén moitos os visitantes que optan polo turismo rural

Publicado o 12/10/2017 16:52

Nesta ponte do Pilar son tamén moitos os visitantes q optan polo turismo rural e o contacto directo coa natureza. 

Durmir nas copas das árbores, en pleno contacto coa natureza pero con todas as comodidades dun hotel de luxo. Así é o "glamping", unha oferta pouco convencional q atrae a cada vez máis turistas de dentro e fora de Galicia. turistasManuel Lema Comezaron no 2011 con dúas cabanas e hoxe xa son 22, algunhas adaptadas para xente con diversidade funcional, repartidas por cinco fragas do concello de Outes. 

Apostaron por unha arquitectura integrada e sostible, con materiais reciclados como a madeira das bateas das fachadas, e materializaron un soño de grandes e nenos, o de ter un refuxio segredo no q desconectar da rutina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017