CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Nesa loita contra os incendios forestais, Medio Rural tamén quere involucrar os máis novos

Publicado o 28/05/2018 14:53
Nesa loita contra os incendios forestais, Medio Rural tamén quere involucrar os máis novos. Este ano, as charlas e actividades de concienciación ambiental nos colexios incrementáronse un 30%, para chegar a 17.000 estudantes. Todo co obxectivo de previr lumes. Hoxe estiveron en Celanova.








No monte queimado o ano pasado por un incendio forestal, en Celanova, hoxe son os nenos da zona os que se ocupan da reforestación con bólas de arxila.

Un acto simbólico de concienciación ambiental que comeza nas aulas.

A conselleira do Medio Rural puxo este colexio público de Celanova como exemplo de educación ambiental. Imparten clases ao aire libre nunha carballeira rexenerada que converteron en aula da natureza.