CRTVG

Buscar

Neogalfarma, proxecto que investiga en tratamentos oncolóxicos

Publicado o 09/03/2016 15:05

Son catro empresas galegas que decidiron unir recursos e esforzos para atopar novos fármacos contra o cancro

Nestes laboratorios traballan na busca de novas moléculas que demostren actividade en mecanismos de control do cancro. Esta investigación forma parte dun proxecto, Neolgalfarma, unha sinerxía de catro empresas galegas.

Amais de Galchimia, no proxecto están involucradas AMSLab, Oncostellae e Nanogap. Son empresas especializadas en áreas distintas, dende a química médica ata a investigación en nanopartículas. De aí a importancia de que se unan para compartir os seus logros. Obtan ao financiamento da Axencia Galega de Innovación, o que apoiaría estes traballos ata finais de 2017. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2016