Neo é o primeiro can en recibir a credencial canina do Camiño de Santiago
Non existían ata agora. Pero atentos, O Camiño de Santiago estrea as primeiras credencias caninas. Unha vasca está a rematar a ruta xacobea, e a primeira compostela é para o seu can.
"Neo é un Border Collie de cinco anos. Hai tres que o recollemos dunha familia que non podía coidar del. Agora fai todo coa nosa familia, mesmo viaxar", explica Mari Carme Astirraga Sánchez, unha peregrina vasca, condecorada na Arxentina polo seu labor de apoio, en situacións de dó, a persoas con animais e que o sábado dará en Compostela un obradoiro sobre comunicación humana e animal.
Pero máis que viaxar, peregrinar con Neo era o desexo desta vasca, que logo de sete Camiños cara a Santiago, neste, de Sarria a Compostela, convértense, peregrina e peregrino en pioneiros. Por vez primeira un can ten libriño xacobeo de treitos da ruta de seu.
"A verdade é que nos sorprendeu a reacción da xente do Camiño, nos albergues, nos establecementos, mesmo nas Igrexas... Ninguén se negou a pórlle ao meu can o selo de ter feito esa etapa do Camiño no novo libriño específico para animais. Iso si, dicían estaban sorprendidos, que non sabían que existía", di Mari Carme Astirraga Sánchez, unha peregrina vasca, condecorada na Arxentina polo seu labor de apoio, en situacións de dó, a persoas con animais e que o sábado dará en Compostela un obradoiro sobre comunicación humana e animal.
E é que non existían ata agora. Estrean as primeiras credenciais caninas do Camiño de Santiago que bota a andar, e nunca mellor dito, a Asociación Protectora de Animais do Camiño. Apaca reparte xa os libriños caninos xacobeos en albergues e establecementos amigos dos animais de toda España. E na súa sede de Compostela, para os animais que cheguen pegada a pegada tras completar o Camiño de Santiago, ten certificación de seu, pioneira, a 'compostela canina'.
"Porque moitos peregrinos que chegaban á nosa sede, centos, nos preguntaban por que non gabía libriño de selos nin credencial para os cans que facían o Camiño con eles, pero sobre todo tamén porque queremos que isto axude a visibilizar os problemas que dende que existimos, hai dous anos, nos contaban os peregrinos que non podía facer o Camiño cos seus cans ou animais de compaña por falta de servizos ou prohibicións para eles. Cando entre etapas, ou de ida ou de volta, os peregrinos teñen que coller un transporte, case nunca poden cos cans, máis se son transportes públicos e moito máis se o animal pesa máis de dez quilos. E peor limitación está nas pernoctacións. En ningún albergue público do Camiño poden entrar cans e nos privados só cando o establecemento o decide, co que moitos peregrinos non poden facer o Camiño por non poder pagalos", di Raquel Freiría Mato, voceira de Apaca, a Asociación Protectora de Animais do Camiño.
Por iso, traballan para a creación un censo de establecementos nas rutas xacobeas que lles permitan as entradas aos animais ou axuden no seu coidado, a eles lle entregarán o que chamarán 'selo: pegada verde', un só dos moitos proxectos dende que hai dous anos está en marcha Apaca.
"Somos a Asociación Protectora de Animais do Camiño, funcionamos voluntariamente dende hai un par de anos, pero non só axudamos aos que andan polo Camiño, se non aos dos montes, vilas e terras polas que pasa. Porque segue habendo centos e centos de cans e animais abandonados, maltratados ou simplemente atados de por vida", di María Mato Pardal, presidenta de Apaxade Apaca, a Asociación Protectora de Animais do Camiño.
Por iso afirman precisar que se cree un espazo, inexiste arestora, de recollida e coidados para animais nesta zona do Camiño Francés, e para axudar a moitos animais, máis voluntarios.