Nenos e maiores aprenden xuntos en Ourense
Publicado o 07/01/2019 19:26
Os participantes son nenos con capacidades especiais aos que o actual sistema educativo non atende como debera para que amosen todas as calidades que levan dentro.
Esta actividade en concreto consiste en que os maiores fan un debuxo, a partir do cal os cativos teñen que desenvolver unha historia. O intercambio de experiencias enriquece o resultado final.
O obxectivo é dobre, por un lado procúrase o enriquecemento curricular dos nenos para a mellora das súas aptitudes académicas e polo outro trabállase na prevención do deterioración cognitiva na terceira idade.
O concello de Barbadás é o primeiro que apostou por este programa neste curso. A idea dos promtores é que se inclúa como actividade complementaria no sistema educativo.