CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Nenos dunha escola infantil de Pontevedra coñecen de primeira man o labor dos bombeiros

Publicado o 09/05/2018 14:34

Os alumnos da escola infantil da Xunta en Pontevedra están a vivir a quincena das profesións. Durante estes días reciben a visita de fotógrafos, policías ou matronas.
Hoxe foi a quenda dos bombeiros. Os cativos e os bombeiros tamén o pasaron en grande e os nenos aprenderon unha chea de cousas.

Non hai mellor xeito de aprender un oficio que practicando, e iso é o que puideron facer os cativos desta escola infantil de Pontevedra. Eles non apagaban incendios, senón que xogaban a mollar a Xoán. Tamén probaron o casco, e tocaron as luvas ignífugas. E gozaron coas explicacións sobre o camión ou a bombona de osíxeno.
É un xeito lúdico de coñecer unha profesión que non esquecen en días.

Os efectivos antiincendios fan un esforzo para que os nenos aprendan e gocen da xornada, aínda que eles tamén o pasan moi ben.

E como moitas boas festas remata cunha sesión de escuma e cos rapaces a rebolos polo chan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí