CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Nenos dun colexio de Vigo pasaron a mañá con discapacitados

Publicado o 29/01/2016 14:23

Celebrar o Día da Paz dende a diversidade, compartindo unha intensa xornada de actividades con persoas discapacitadas. Foi o obxectivo dos nenos dun colexio de Vigo, que pasaron a mañá con usuarios da Asociación San Francisco que padecen discapacidade psíquica. Unha xornada diferente en que romperon a monotonía compartindo cos pequenos o traballo que desenvolven.

Da man da diversidade e coa paz como bandeira. Os cativos do Colexio Cristo da Victoria de Vigo decidiron romper a monotonía dos usuarios con discapacidade psíquica do centro San Francisco. Xuntos levaron a cabo actividades deportivas, e tamén aprenderon a facer manualidades.

Este colexio de Vigo leva xa tres anos levando a cabo esta actividade. Repiten porque saben que esta convivencia resulta moi satisfactoria tanto para os pequenos como para as persoas discapacitadas de San Francisco.

Unha convivencia cun obxectivo ben claro entrender e abrazar a diversidade, coa paz como pano de fondo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí