Nenos da Cañada Real escriben á ONU denunciando que levan dous meses sen electricidade

Os nenos tomaron a palabra. A falta de subministración eléctrica na Cañada Real en Madrid e a chegada do frío complica a situación no asentamento chabolista máis grande de Europa. Por iso, 65 rapaces decidíronse a escribir misivas dirixidas á ONU, onde contan as súas vidas, a súa situación e como se senten despois de levar dous meses sen luz.
Non contan con calefacción, non funcionan os electrodomésticos, moi difícil seguir o curso sen electricidade, incluso problemas para acceder a auga quente. Afortunados os que contan con xeradores.
Estas cartas dos nenos da Cañada Real tamén as entregaron na Comunidade de Madrid e no Concello, en todos os casos, sen reposta. Sen subministración eléctrica están dende que a Policía Nacional desfixo os enganches ilegais á rede eléctrica que sostiñan plantacións ilegais de marihuana.